A bruxa de Noia

A bruxa de Noia díxome que me tombara na padiola. Descalceime e fixen o que ela decía. E alí estaba eu, o valente, mirando de reollo a aquela muller silenciosa que empezara de pronto a tirar do meu pe cunha forza impropia do seu tamaño. Algo cruxiú no pé, no xeonllo. Tirou dos dedos, un a un, e por un momento creín que estaban rotos. Entón, a bruxa dixo: agora vou a ter que usar agullas. ¿Agullas?, pensei, ¿agullas no meu pé? E claro, eu díxenlle que si, que vale, que fixera o que vira conveniente, cunha seguridade que non tiña. E ela púxome catro bandeirillas e logo encendeunas, como se foran incenso, e comencei a sentir unha lixeira calor dentro do noelo. Agora a esperar a que o ligamento se relaxe, dixo, e marchouse.

Entón tiven vinte minutos para pensar, para mirar, para buscar coa mirada unha ala de morcego, un bote cheo de vagalumes vivas o un gato negro que me mirara máxicamente. Mais non pasou nada de isto. Só tiven que preocuparme de non mover o pé para non (meu temor infernal) partir as agullas e que quedaran para sempre dentro de min.

A meiga chegou andando (as escobas, pensei, son de outro tempo). Arrancou as agullas sen pensalo duas veces e colleu unhas vendas. Agora, dixo, fareiche unha vendaxe e dentro dunha semana quitao, e estarás curado. Entón, como Lázaro, levanteime e andiven. Andiven como antes de ir a visitar a bruxa, que tampouco estivera coxo como para non poder andar, eh. Paguei (non é gratis, que as bruxas tamén comen e pagan facturas) e seguín a miña vida.

E agora vou a quitarme a venda. E sei que estou curado. Porque a bruxa de Noia ten poderes de verdade, ¡volo xuro!

(escrito coa axuda de Chus, claro.)

3 comentarios:

MSalieri dijo...

Palabras algo difíciles:

Padiola: camilla.
Xeonllo: rodilla.
Noelo: tobillo.
Morcego: muerciélago.
Vagalume: luciérnaga.

Miguel Marqués dijo...

Unho dos mais celebres trovadoiros estrangeiros na lingua ártabra.

O Globo.


A primeira criaçom dum escrividor muito mais conhecido no seu proprio país que na Galiza. A nova sensaçao das letras galegas non e galega.

A Bola.


Um novelista noiés e adotado: a literatura non tem fronteiras. Nao perdese-lo!

O Telégrafo Noiés.

Corregírmelo! :P

Lara dijo...

¡¡¡Oh, qué precioso está!!!
¡Queda superbonito así!